fbpx
Symposium (The Banquet) de Anton Von Werner

Que comían os romanos de Lugo?

Tempo de lectura: 2 min.

Un estudo realizado polo historiador e decano da facultade de Filosofía e Letras da Universidade de León, Carlos Fernández Rodríguez, sobre a fauna existente en época romana en distintas localidades do antigo imperio acaba de achar datos ben interesantes na antiga Lucus Augusti.

Tal e como publican El Pais e El Progreso, o equipo de Fernández Rodríguez deu conta da existencia de estos óseos de dromedarios na cidade romana. E que facían animais propios de climas máis secos e desérticos nun lugar tan chuvioso?. Segundo o historiador, serían animais de carga, probablemente utilizados para o transporte de mercadorías.

Domus do Mitreo en Lugo, antiga Lucus Augusti/ vilasamuralladas.eu

Animais atopados

Pero o que chama a atención da investigación, ademais, da presencia deste mamífero, son os restos de animais atopados. Tras as investigacións realizadas na Domus do Mitreo, Fernández Rodríguez, que cotexou os seus datos cos restos aparecidos na escavación de hai 14 anos, catalogou a existencia de coellos, lebres, perdices, galos, galiñas, gansos, gando vacún e xabaril así como restos de varios cabalos, mulos e burros.

Estes animais serían parte da dieta dos romanos da mansio, agás cabalos, mulos, burros e dromedarios, que serían utilizados como animais de carga. Ademais tamén se acharon restos de cunchas de mexillóns e de ostras. Uns crustáceos que, desde logo, terían que vir de lugares costeiros. Algunhas destas cunchas empregaronse, logo, como material de recheo de muros.

“Cos restos de vacún, facíanse distintas pezas de artesanía, que tamén se atoparon nas escavacións. Por exemplo, achamos alfinetes e fichas de xogos feitos con este material óseo”, indica a El Progreso Celso Rodríguez, director da excavación arqueolóxica do solar da Domus de Mitreo.

Mosaico romano con diferentes animais / gladiatrixenlarena.blogspot.com

Animais sacrificados

Ademais, vacas e touros eran os animais elixidos, principalmente, para realizar os sacrificios a deusa Mitra. De feito, e tal e como aparece nun baixorelevo que se conserva no Museo do Louvre, o rito principal da relixión mitraica era un banquete ritual, que puido ter certas similitudes coa eucaristía do cristianismo. Este rito incluía tamén o sacrificio dun touro, tal e como recolle o mural conservado.

Pode que che interese...