Fortaleza de Monte do Boi, en Baiona, conquistada polas tropas inglesas de Lancaster

“Baiona de Galicia”, a primeira vila de Europa onde chegaron nativos americanos e produtos como o cacao ou o millo

Este primeiro de marzo conmemórase o 525 aniversario da Arribada de Baiona, unha festa medieval que lembra a chegada da Carabela A Pinta a Baiona, voltando de América. Pero, cal ven sendo o substrato histórico desta reivindicación tradicional da vila baionesa?.

É ben coñecida a narración de Bartolomé de las Casas, a mais aceptada, de que dúas carabelas (La Pinta -rechamada “La Pintá” polos andaluces e La Niña) e unha nao (a Santa María ou “A Gallega” por terse construído nun asteleiro galego) partiron de Palos de la Frontera un 3 de agosto do 1492. A expedición estaba rexida e financiada pola raíña Isabel de Castela e capitaneada por Cristovo Colón que levaba como segundos aos irmáns Pinzón (Martín e Vicente) e a Juan de la Cosa.
Tras dunha dura andadura, e salvando motíns, cambios de rumbo e mesmo o ostracismo do Mar dos Sargazos, o 12 de outubro dese mesmo ano chegan á illa de Guananí, rebautizada como San Salvador completando a primeira viaxe documentada a través do Atlántico. A expedición chegaría ata Cuba (28 de Outrubro) e a La Española (5 de Decembro) no seu periplo polas illas do Caribe. Pero na Noiteboa daquel ano unha mala botadura da Santa María, deixaba encallada na illa de La Española, provocando un cambio de plans. Obriga a establecer un asentamento fixo nas novas terras (o chamado “fuerte da Natividad”) onde quedarían os primeiros colonos españois en América e o retorno do continxente restante nas dúas carabelas salvas, que eran as de menor capacidade.

Réplica da Carabela La Pinta, a primeira en chegar a territorio europeo logo da descuberta de America / baiona.org

Retorno

Así, o 16 de Xaneiro do 1493 voltan a Niña, capitaneada polo almirante Colón, e a Pinta, capitaneada polo maior dos irmáns Pinzón, Martín Alonso, en viaxe de retorno a España. Co obxetivo de mostrar aos Reis Católicos o novo descubrimento e de acadar a financiación de novas viaxes, encheron as despensas de froitos extranos, animais exóticos e de algúns indíxenas vivos.
Pero pasados uns días unha forte treboada separa a expedición e alonxa ambas as dúas embarcacións. A Niña, como xa dixemos capitaneada por Colón, ao atopar a ruta das Azores pon rumbo Sur, buscando chegar a Lisboa. A experiencia de Colón en Portugal e na Illa de Madeira foi clave, xa que coñecía a ruta lusa e consideraba que era a mais segura nesas latitudes.
A Pinta, a mans de Martín Alonso Pinzón, porá rumbo Noroeste cara a Galicia, e algúns historiadores especulan con que parte da tripulación, posiblemente algún timonel, tivera orixe galego e recoñecera a ruta entre Galicia e Portugal, xa que non semellaba ser a ruta idónea ou mais natural dende a súa posición.

Retrato supostamente de Pedro Madruga, caracterizado coma un navegante e que algúns relacionan con Cristobal Colón

Chegar o primeiro a Europa

Neste momento dase unha curiosa situación de competencia entre ambos capitáns, descoñecedores cada un da sorte do outro, buscando ser os primeiros en transmitir a primicia aos reis e por tanto de obter as gracias reais sobre a súa testa. Nesta carreira foi Pinzón coa súa Pinta a primeira en chegar (arribar, de ahí o nome da festa) ao porto de Baiona, que neses momentos era o principal porto galego, xunto co da Coruña.
O 1 de Marzo de 1493 tocaba o porto de Baiona unha carabela descoñecida, a Pinta, cunha nova incrible; tiñan a proba de que a terra non era plana, de que existían novas terras alén da mar océana, e viñan cheos de xentes e productos misteriosos e descoñecidos. Numerosas crónicas e arquivos locais recollen a sorpresa dos naturais da vila, e a presencia de indíxenas sorprendentes, que desembarcan na vila á par que os mariñeiros.
Dende que pon pe a terra, Martín Alonso Pinzón envía mensaxe á raíña Isabel de Castela, que se achaba en Barcelona, notificándolle a súa chegada a España. A súa mensaxe terá pois tres días de adianto porque Colón, tras recalar nas Azores, toca terra en Lisboa o 4 de marzo, fin da tornaviaxe, como o chama Colón. A súa mensaxe chegará tras a de Pinzón, que xa tivo a gloria de ser o primeiro en dar a boa nova, precisamente chegando a súa mensaxe aos reis o mesmo 4 de marzo.

Recreación da chegada de Colón á Española

“Baiona de Galicia”

Curiosamente ao recalar en Lisboa, Colón vese na obriga de entrevistarse co monarca luso, Xoan II, que de boca do propio almirante coñece a nova do descubrimento antes que os propios reis de Castela, xa que as cartas de Colón, retrasadas pola viaxe e polos axentes portugueses, recalarán á corte sita en Barcelona o 20 de Marzo, casi dúas semanas de atraso respecto ás comunicacións de Pinzón. Esto permitiu que se conserve rexistro e arquivo da mención da vila de “Baiona de Galicia” nas cartas rexias, que ordenan o abastecemento de Pinzón, así como disposicións e prebendas que se lle otorgan a Baiona como sede deste descubrimento.
En Baiona, tras reparar e pertrechar a Carabela A Pinta á sombra da seguridade da Fortaleza de Monte do Boi (tamén coñecida como Monte Real), Pinzón apura o seu retorno hacia Palos, ainda que se atopaba gravenente enfermo e onde atraca o 15 de marzo. Pinzón morrerá poucos días despois de febres e quenturas, polo que pouco lle serviría ao capitán a súa premura ao comunicar o descubrimento, xa que coa súa morte toda a gloria recala en Colón. Algunhas lendas locais de Baiona falan da presencia, morte e soterramento dos primeiros indíxenas chegados a España a bordo da Pinta, aqueixados de graves febres, non sendo descartables que portaran a enfermidade que finalmente sería fatal para o capitán da carabela.
Pola súa parte, Colón chega a Palos o mesmo día que o fai Pinzón, un 15 de marzo, pero nesta carreira pola gloria non espera ao restablecemento da súa man dereita e atopámolo un 20 de marzo xa en Sevilla, facendo xestións para seren recibido na Corte. Alí en Sevilla comeza os preparativos para unha segunda viaxe ás terras de ultramar, e en Abril deste mesmo ano (1493) é recibido polos Reis Católicos en Badalona, dando honra e oficialidade a Colón como principal valedor do descubrimento e arroxando sombras de esquencemento sobre Martín Alonso Pinzón como primeiro en retornar das novas terras.
Portugal amaga con mandar expedición
Sen embargo, a importancia da Arribada en Baiona non só radica na maior ou menor rapidez en chegar a terra. A noticia avanzada do descubrimento permitirá aos Reis Católicos xestionar con maior premura unhas novas viaxes así como fortalecer a posición legal dos novos descubrimentos, frente a coroa lusa. Non esquenzamos que Xoan II chega a coñecer a nova antes que os reis casteláns, e que chegou a ameazar con enviar unha expedición de dominio baixo a man de Francisco de Almeida, para arrebatar as novas posesións cun golpe de man imprevisto. Polo cal non é aventurado indicar que esta rápida chegada tivo influencia máis que relevante no desenvolvemento da historia.

Para seren xustos, debemos suliñar  que se ben se tratou de esquencer aos Pinzón, o irmán pequeno, Vicente, tivo presencia moi importante no descubrimento de América, capitaneando varias viaxes e sendo o descubridor de Brasil e o primeiro que atopou a desembocadura do río Amazonas.

Descendente de taínos / Youtube

Asimesmo, teremos que destacar o papel dos Pinzón como codescubridores de América e o de Baiona como vila que primeiro coñeceu a boa nova, con notable vantaxe sobre o resto do mundo europeo, e a primicia en descubrir a indixenas das novas terras, así como froitos como o que xiaxaban nas adegas da Pinta. Un impresionante intercambio cultural entre dous mundos descoñecidos entre si e que, a partir dese intre, chegarían a ser terras irmás.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Investigador e divulgador

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: