Vigas pintadas na igrexa de San Salvador de PInol / Carlos Rueda - LVG

Descobre frescos flamencos e pinturas únicas no medio da Ribeira Sacra

A Igrexa de San Vicenzo de Pinol non é unha igrexa calquera. É un fermoso templo do século XIII que oculta uns frescos flamencos e pinturas únicas no medio da Ribeira Sacra. E, precisamente, esa igrexa será unha das paradas nas que os guías da Asociación O Colado do Vento farán unha parada dentro do roteiro polos Canóns do Sil que organiza Rutas de Historia coa colaboración deste portal, Historia de Galicia ( ver como apuntarse).

Este templo foi obxecto dunha importante restauración, sobre todo, para protexer o máis valioso que conserva; o artesonado do teito, de madeira de nogueira, que presenta un carácter case único en Galicia polo seu estado de conservación. E o certo é que as vigas están decoradas con figuras xeométricas, motivos vexetais e representacións de animais fantásticos.

Crese que estas pinturas son da mesma época cos frescos, do século XVI e de estilo flamenco. Neles pódense ver unha representación do martirio de san Sebastián e unha imaxe de san Cristóbal, da que só se ve un garrote, que constitúe un dos seus atributos típicos.

Frescos flamencos na igrexa de San Vicente de Pinol / O Colado do Vento

Tamén salientan os retablos barrocos da igrexa, estudados pola historiadora Saleta López Vázquez. Un deles, datado no século XVII, representa a Sacra Familia con imaxes de san Antonio, san Roque e san Blas. O outro, un século posterior, ten imaxes de san Vicente, a Virxe da Carmen e o Sacro Corazón.

O roteiro “As pegadas prehistóricas, románicas e etnográficas no Canón do Sil, o río que fixo Galicia” terá lugar este sábado en Sober. Un día despois, e a poucos quilómetros, entre Monforte e Pobra do Brollón terá lugar outro interesante roteiro; “Polas terras irredentas de Lemos: A última gran batalla dos guerrilleiros en Galicia” (Podes apuntarte aquí). Calquera información adicional podes escribir a [email protected] ou no teléfono 662346371.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 20 Setembro 2018

    […] Precisamente hai unhas pinturas que son únicas. Que oculta a igrexa de San Vizenzo de Pinol? […]

A %d blogueros les gusta esto:

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: