fbpx
Pazo de Meirás / fonte Wikimedia loischantada CCBy

Queres reclamarlle ós Franco a devolución de Meirás?

Tempo de lectura: < 1 min.

A Comisión pola Recuperación pola Memoria Histórica sairá de novo a reclamarlle ós Franco o pazo de Meirás. Será cunha nova marcha que sairá o vindeiro sábado día 10 ás 12.00 horas dende o monumento en homenaxe ás vítimas do Franquismo, no paseo marítimo de Sada, e que chegará ata o pazo, onde se prevé unha concentración unha hora despois diante das súas portas. Será para esixirlle, unha vez máis, á familia do ditador a devolución do monumento á cidadanía. Ademais, se o tempo o permite, pola tarde, a partir das 16.00 horas celebrarase un roteiro guiado polas súas inmediacións. Tamén haberá un servizo gratuito de autobuses a disposición das persoas que queiran acudir á concentración

Esta é de feito a quinta ocasión na que o pobo de Sada, encabezada pola Comisión, sae a reivindicar a devolución do pazo, dende que no ano 2005 se convocara por vez primeira unha concentración. Dende aquela, tal e como afirman os seus membros, xa se avanzou bastante, pois tanto Deputación como Xunta elaboraron informes xurídicos que avalan a súa devolución. Agora, un mes antes de que se cumpran 80 anos da cesión do monumento ós Franco, a Comisión apela unha vez máis á participación cidadá reivindicar o que é de xustiza. Máis información na web da Comisión.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...