fbpx
Imaxe do Parque do Pasatempo de compezos do século XX / foto Deputación da Coruña

Feijóo sobre o Parque do Pasatempo: “É unha pena como está este ben”

Tempo de lectura: 2 min.

“Realmente é unha pena como está este ben. Confí que entre o Concello de Betanzos, a Xunta e a Deputación da Coruña se poida repor”. Deste xeito referiase este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo sobre o Parque do Pasatempo, o primeiro gran parque temático de Europa, tal e xa contamos en HdG.

Unha “pena” a súa situación a pesar de que desde hai anos que o propio concello e, especialmente, a Asociación Amigos do Parque do Pasatempo, levan denunciando o seu continuo deterioro. E, finalmente, o seu esforzo acaba de dar froitos, aínda que sexa tarde xa que esta magnífica obra dos irmáns Naveira foi declarado ben de interese cultural (BIC) por parte da Xunta, como un dos máximos expoñentes do eclecticismo en Galicia.

Protección

O Goberno galego aprobou este xoves o decreto para esta declaración, como ben inmoble coa categoría de xardín histórico. O elemento principal delimitado é o propio parque, pero inclúe outros compoñentes singulares como son a estatua da Caridade, a fonte das Catro Estacións e os restos do antigo muro do peche que, en conxunto, acreditan o seu valor cultural e singularidade tipolóxica.

Estanque do Retiro, no Parque do Pasatempo de Betanzos / Galipedia

Como aspecto innovador deste procedemento, explica o Goberno galego, poderase desenvolver un proxecto ou plan de conservación do xardín histórico, que estableza os criterios para a súa futura conservación, mantemento, restauración, interpretación e difusión.

A declaración incluirase no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e comunicarase ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural da Administración Xeral do Estado.

Alegacións
Durante a tramitación do expediente, procurouse harmonizar “un alto grao de consenso social coa salvagarda patrimonial”, segundo apuntou o propio Feijóo. En concreto, recibíronse un total de 15 alegacións das que 14 delas estimáronse total ou parcialmente, o que supón unha aceptación superior o 93 por cento.

Así mesmo, foron solicitados os preceptivos informes de dous órganos consultivos: a Real Academia de Belas Artes e o Consello da Cultura Galega. Ambas as institucións emitiron senllos informes en sentido favorable á declaración.

Pode que che interese...