Jácome retirará o gran cedro que preside a cabeceira da catedral de Ourense | Historia de Galicia
Cedro da cabeceira da Catedral de Ourense / foto Democracia Ourensana

Jácome retirará o gran cedro que preside a cabeceira da catedral de Ourense

Tempo de lectura: 2 min.

“Sabías que o cedro que tapa a preciosa parte traseira da Catedral é unha árbore non autóctona e que foi plantada no casco vello fai 25 anos? E que algunha xente cree que leva aí toda la vida“. Así se responde na páxina de Facebook de Democracia Ourensana ás críticas a un singular anuncio: o Concello transplantará o exemplar a outra localización.

Cimborrio da Catedral de Ourense / foto Ramallo CC0

E é que, tal e como se anunciou este martes, tamén a través das redes sociais, a árbore será substituída por outra de menores dimensións. O argumento é que a histórica árbore obstaculiza a vista da traseira da catedral, dende onde se divisa o histórico cimborrio renacentista, unha das grandes xoias históricas da catedral ourensá.

A árbore, sempre segundo o consistorio presidido polo mediático Gonzalo Pérez Jácome, obstaculiza a vista. A proposta encaixa cunha tendencia pasada de eliminar a vexetación dos centros históricos, que en moitos lugares xa se está a reverter, pois ó longo da historia as vilas amuralladas contaron en moitos momentos cun amplo arborado.

A proposta obvia, ademais, que a propia árbore serve como barreira natural a un espazo bastante sensible, como é a praza dos Suaves. No lugar, ademais de casarío tradicional, atópanse edificios de vivendas en altura das décadas de 1960 e 1970, que se ben manteñen certa protección ambiental atópanse tamén fora de escala. Polo de agora descoñécese a onde será levada a árbore.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: