fbpx
Salón teatro dende a Rúa Nova / foto Miguel T CCBy Google

Teatro, concertos e música dende o balcón, así será a celebración dos cen anos do Salón Teatro

Tempo de lectura: 2 min.

O 30 de outubro de 1920 inaugurábase na cidade de Santiago de Compostela o Salón Teatro, un edificio para usos artísticos e teatrais deseñado polo histórico arquitecto municipal Jesús López de Rego. Estaba promovido pola Liga Mutua de Señoras de Santiago e ideado como unha sala de eventos para as súas socias.

É por isto que a finais do vindeiro mes de outubro o histórico edificio da cidade, que foi teatro, despois cine e no que deixaron a súa pegada históricos arquitectos de tres momentos diferentes, como López de Rego, Pons Sorolla e Baltar, Bartolomé e Almuíña, dará celebración os actos por cen anos case ininterrompidos na cidade.

Faino con teatro, música e petiscos musicais dende os seus históricos balcóns. Para a cita o Centro Dramático Galego (CDG) retomará a súa actividade tras o parón da Covid-19. Farao co programa musical Mércores de varanda, que ofrecerá oito concertos de artistas e grupos galegos para conmemorar esta inauguración.

Interior do Saón Teatro / foto CDG

Ademais os Mércores de varanda darán comezo cun pequeno petisco musical de cada un dos artistas desde o balcón do Salón Teatro, nun xesto cara a un dos elementos máis característicos do edifico histórico no que ten a súa sede. O ciclo foi inaugurado o pasado mércores 9 de marzo polo gaiteiro Anxo Lorenzo e seguirá todos os mércores ata finais de outubro.

As citas estarán protagonizadas por Hugo Franco e Claudia Abril (día 16), Emilio Rúa (día 23) e Xoán Curiel (día 30). Xa no mes de outubro, será a quenda de Susana Seivane (día 7), Sés (día 14), Dequenvessendo (día 21) e Sofía Espiñeira (28 de outubro). Todos os concertos terán lugar ás 20,30 h. e a entrada será gratuíta, previa retirada de billetes ata completar unha capacidade restrinxida a 60 persoas por mor das medidas de seguridade coa Covid-19.

https://historiadegalicia.gal/2020/09/cen-anos-do-compostelan-salon-teatro-unha-das-grandes-sedes-da-cultura-na-cidade/

Pode que che interese...