fbpx
Casco vello da cidade da Coruña no que se poden ver algún tramo das murallas

Así serán as novas directrices da Xunta para recuperar os núcleos históricos

Tempo de lectura: < 1 min.

O Consello da Xunta aprobou este venres as directrices para a tramitación dos plans de dinamización das áreas ‘Rexurbe’, que buscan recuperar os núcleos históricos de Galicia, así como a creación dos centros ‘Rexurbe’. Así, a Consellería de Medio Ambiente é a engardada de presentar as pautas que deben cumprir todos os departamentos da Xunta para completar o contido e tramitación dos plans de dinamización destas áreas.

Todos os programas e actuacións dos distintos departamentos da Xunta darán acceso preferente a aqueles proxectos que se impulsen no seo dunha destas áreas, explica a Xunta. No momento en que o Consello da Xunta declare unha área ‘Rexurbe’, as consellerías disporán dun mes para remitir ao Instituto Galego de Vivenda e Solo os programas e actuacións do seu ámbito competencial que poden aplicarse no ámbito declarado.

A Xunta chama a atención, ademais, sobre que Galicia é “a primeira rexión” en contar con centros ‘Rexurbe’, puntos ou oficinas de información, asesoramento, xestión, seguimento e difusión da área, atendidos por persoal especializado, co fin de que o tecido social e empresarial do concello poida beneficiarse das medidas de dinamización e reactivación económica e social.

Pode que che interese...