fbpx
Escaleira de Andrade / foto frame do vídeo

Vídeo: Así se entende o universo da excepcional escaleira de San Domingos de Bonaval

Tempo de lectura: < 1 min.

O excepcional traballo con que se concibe unha das escaleiras máis singulares, probablemente, de todo o barroco europeo, e con el o traballo dun arquitecto que é un dos grandes xenios do barroco galego. E é que neste ano 2021 e no pasado 2020 –prorrogado por mor do confinamento da Covid-19- a Real Academia Galega de Belas Artes adicará o seu Día das Artes ó excepcional arquitecto Domingo de Andrade.

Para celebralo a Fundación Compostela Arquitectura impulsou unha peza audiovisual de homenaxe ó arquitecto galego, nun traballo de promoción da nosa arquitectura. A peza conta con traballo dos investigadores Fernando Alcalde, matemático, e José Antonio Franco Taboada, Ana González Uriel e Manuel de Miguel Sánchez, arquitectos, así como da colaboración de Carlos Seoane e da Fundación Compostela Arquitectura, baixo a coordinación e guión científico de Ruth Varela.

E é que Domingo de Andrade é o gran referente do chamado barroco de estilo vexetal ou primeiro barroco, característico do século XVII. Denomínase así precisamente en referencia ó arquitecto, que tiña como lait motive grandes sartas de froitas e elementos vexetais. Se hoxe Santiago de Compostela en concreto, e en xeral o barroco galego, locen como un gran espectáculo de natureza exuberante esculpido en pedra é grazas a obra deste arquitecto.

Pode que che interese...