fbpx
Detalle da decoración románica da igrexa / foto Turismo de Galicia

A Xunta inviste 40.000 euros no retablo barroco dunha das grandes xoias románicas do Ribeiro

Tempo de lectura: 2 min.

A comezos do pasado mes de xuño o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciaba nunha reunión co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, novas obras de restauración na igrexa de Santo Tomé de Serantes, neste concello do Ribeiro.

Trátase dunha actuación que se centrará no retablo e as súas imaxes, e na que o executivo galego investirá preto de 40.000€, nunha das grandes xoias do románico do Ribeiro. As obras adxudicadas a comezos deste mes pretenden cubrir a necesidade de realizar a desmontaxe do ático do retablo por mor do inminente perigo de desplome.

Igrexa de Santo Tomé de Serantes / foto Turismo de Galicia

Recuperación de retablos e imaxes

Faranse traballos de desinsectación co fin de eliminar ataques por parte de insectos xilófaios así como previlos no futuro e consolidar o soporte nas zonas debilitadas. Ademais, recuperaranse os volumes reintegrando as fendas que supoñan un risco para estabilidade do conxunto.

Tamén se fixará a policromía, realizarase unha limpeza físico-química da capa de protección fortemente escurecida por procesos de oxidación ao longo do tempo e que altera considerablemente a valoración do cromatismo orixinal do retablo. Ademais o proxecto permitirá a restauración das imaxes de: San Pedro, Santo Tomé (zona ático), San Cristovo, San Gregorio (zona ático), San Roque, Santa Bárbara e San Gregorio (predela).

Retablo de Santo Tomé de Serantes / foto foto Xunta.gal

Unha das grandes xoias do románico do Ribeiro

A Igrexa de Santo Tomé de Serantes, de estilo Románico, data de 1170, segundo se pode comprobar na súa fachada. Ten planta rectangular dunha soa nave e destaca pola súa excepcional decoración medieval, con canzorros que se estenden polos muros laterais, cunha portada principal encadrada entre dous contrafortes, o seu baldaquino gótico de pedra ou o seu rosetón baixo un arco semicircular tórico, que descansa sobre columnas acobadadas.

Retablo de Santo Tomé de Serantes / foto Turismo de Galicia

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: