fbpx
O barco e a investigadora / foto Instituto Oceanográfico e emigración.xunta.gal

Ángeles Alvariño, a excepcional investigadora mariña que dá nome ó barco de máis triste actualidade

Tempo de lectura: 3 min.

Un moderno barco oceanográfico nunha triste misión. Este é o motivo polo que a todos nos soa dende fai semanas o nome de Ángeles Alvariño. Un nome no que durante moito tempo estiveron depositadas as esperanzas de moitos, e que garda detrás a historia dunha investigadora de orixe galego que cambiou para sempre o coñecemento do mar.

Trátase de María de los Ángeles Alvariño González unha investigadora nacida en Serantes, Ferrol, no ano 1916. Foi a pioneira na investigación oceanográfica global, así como a primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial.

Descrubriu 22 novas especies de zooplancto mariño e foi a maior experta mundial nos quetógnatos, unha especie de plancto, axudando a entender as condicións mariñas o seu papel deses animais na saúde dos bancos de peixe. Mais a pesares de traballar nas principais universidades europeas e americanas, en 1977, pouco antes da súa xubilación, denunciou as dificultades e a discriminación por motivos de xénero.

Ángeles Alvariño / foto emigracion.xunta.gal

De Madrid a Doniños, nuns estudos interrompidos pola Guerra Civil

Ángeles Alvariño naceu en Serantes, Ferrol, o 3 de outubro de 1916 . Foi filla de médico e de pianista, afeccionada dende nova á lectura e á música, herdando a afección ó piano da súa nai. Porén, a súa paixón dende nena foi o coñecemento do mundo que lle rodeaba, o mundo da muller ou a zooloxía que plasmou nos seus traballos de fin do Bacharelato en 1933.

Aínda que puido ser unha das mulleres pioneiras en estudar medicina o certo e que por desexos do seu propio pai decantouse por Ciencias Naturais, que cursaría en Madrid. Aloxada na Residencia de Señoritas tivo que interromper os seus estudos pola Guerra Civil. Mais de volta en Ferrol dedicouse ó estudo do litoral galego dende a praia de Doniños.

A gran investigadora do plancto mariño.

Tras a Guerra puido continuar os seus estudos ó tempo que casaba cun capitán da Mariña de Guerra Española, tendo dous anos despois unha nena. En 1941 obtivo licenciatura e mestrado na Universidade de Madrid dedicándose ó ensino das da bioloxía, zooloxía, botánica e xeoloxía en varios colexios universitarios galegos.

Ángeles Alvariño / foto oceanicas.ieo.es

Porén a súa traxectoria non facía máis que comezar. En 1948 conseguirá incorporarse como investigadora no no Instituto Español de Oceanografía (IEO). Nel comeza os seus estudos sobre o zooplancto, conseguindo o certificado de doutoramento en en 1951. Mais tarde conseguirá praza no IEO de Vigo, desenvolvendo a súa investigación de novo en Galicia, neste ámbito punteiro, en colaboración coa British Council e a Universidade de Plymouth.

Unha pioneira no estudo do mundo mariño a nivel mundial

De volta en Vigo conseguiu a prestixiosa bolsa Fulbrigth, que a levou a participar nun estudo sobre o zooplancto no Instituto Oceanográfico Woods Hole de Massachusetts, estudando os sifonóforos. Tras ela foi recomendada para traballar no Instituto Oceanográfico Scripps de La Jolla de San Diego, California, convertida xa nunha investigadora de referencia.

Conseguiu múltiples liñas financiamento dos departamentos federais dos Estados Unidos. Estudou o plancto do Atlántico, do Pacífico e do Índico, entendeu como afectaban as correntes e a dinámica oceánica á saúde dos bancos de peixe e impartiu clases en diversas universidades Norteamericanas e de América Latina.

Barco Oceanográfico Ángeles Alvariño / foto oceanicas.ieo.es

Unha muller pouco coñecida, pero moi admirada no mundo da investigación

Entre os seus logros está o de converterse na primeira muller científica a bordo dos barcos ingleses ou o de chegar a ser a coordinadora de liñas de investigación oceánica dos países hispano-americanos. Mais o certo é que foi unha referencia a nivel mundial, con investigacións altamente importantes para a conservación dos ecosistemas mariños.

Ángeles Alvariño xubilouse en 1987, continuou a traballar como científica emérita, escribindo e dando a coñecer a historia das ciencias mariñas. Finou no ano 2005 rodeada de amplos recoñecementos, como a Medalla de Prata de Galicia de 1993 ou ser conmemorada no Día da Ciencia en Galicia do ano 2015. Tres anos antes, no 2012, a un dos barcos oceanográficos más máis modernos de España déuselle, por méritos propios, o seu nome.

Ángeles Alvariño / foto oceanicas.ieo.es

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: