fbpx
Parte do material arqueolóxico extraído irregularmente en Ribadeo segundo El Comercia / El Comercio

Asturias acusa a Galicia de “extraccións irregulares” de material arqueolóxico na ría de Ribadeo

Tempo de lectura: < 1 min.

O mergullador asturían e membro do Clube de Vela Castropol, Jesús Gallego, xunto co Proxecto Argos denuncian actividades irregulares de extraccións de materiais arqueolóxicos na Ría de Ribadeo. Estas actuación están ligadas cos traballos de excavación subacuática no Galeón Santiago durante os últimos meses que sacaron á luz restos que logo foron exposto na mostra “O porto de Ribadeo. Testemuñas do pasado”.

“Mentres Asturias opta pola defensa do Patrimonio, Ribadeo está efectuando extraccións de material arqueolóxico de gran valor de forma masiva e totalmente irregular”, afirma Javier Gallego en El Comercio, que insta á Consejería de Cultura e a Patrimonio de Asturias a “trasladar os feitos á comisión europea correspondente para a investigación de posibles autorizacións ilícitas da Xunta de Galicia”.

Esta denuncia baséase na prioridade “da conservación in situ”, unha das medidas de protección que recolle a Unesco para o patrimonio subacuático. A normativa recolle que non debe extraerse ningún obxecto “se a extracción non resposta a un obxectivo lícito e ata tomar as medidas pertinentes para conservalo fóra da auga”. Gallego advirte que de non tomarse medidas “os danos poderían ser irreversibles”. Máis información en: El Comercio

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: