fbpx
As Torres Hejduk, na Cidade da Cultura / xunta.gal

Así se celebra a máxica a Noite dos Museos en Galicia

Tempo de lectura: 3 min.

No día de onte dábamos conta no noso xornal da celebración do Día Internacional dos Museos en Galicia. Centos de actividades e unha xornada de portas abertas enchían os museos e salas de exposición de toda Galicia para celebrar a vitalidade dunha institución capital para fortalecer o desenrolo cultural da humanidade. En Galicia todos os museos dende a Cidade da Cultura ó casa Casares Quiroga celebraban o día por todo o alto, tratando de chegar ó público a historia de todos e cada un dos recunchos do noso país. Mais o día dos Museos, para moitos deles, non se limitou so o día 18, senón que as actividades se prolongaron durante toda a semana ou o mes.

Cidade da Cultura de noite / foto twitter

Así, de feito hoxe día 19 moitos dos museos de Galicia súmanse a unha das actividades máis atractivas vencellada a este día, a Noite dos Museos. Esta Noite dos Museos, ou Longa Noite dos Museos, é un evento ideado en Berlín no ano 1997 para agasallar ós cidadáns cunha xornada nocturna cargada de actividades ó carón do programa museístico habitual. Non se trata so de amosar os programas expositivos e actividades culturais senón de demostrar que os museos son un espazo vivo agradable ó acubillo dos cais sempre poden suceder actividades suxerentes e inesperadas.

En Galicia a Noite dos Museos se celebra en non poucas institucións, facendo, como non pode ser doutro xeito. fincapé na idea dunha xornada lúdica, relaxada, agradable e en moitos casos inesperada. Na Cidade da Cultura de Galicia onte e hoxe contaban con xornadas de portas abertas. Preparaban dentro destas unha programación especial con visitas comentadas de ata 13 modalidades diferentes. Pero para o día de hoxe presentaron ademais unha visita nocturna, cunha sesión DJ e servizo de cafetería no propio Museo. Pola súa parte o Museo das Peregrinacións de Santiago, na praza de Praterías, ofrecerá a partir das 19.00 horas unha sesión de narración oral para todos os públicos titulada Contos de Camiñantes.

Museo de Pontevedra / foto plataformade arquitectura.cl Duccio

Museo de Pontevedra sumarase dun xeito especial á celebración. Farao con visitas guiadas polas salas de Arqueoloxía e coa intervención da ESAD, Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Do mesmo xeito que outros anos a ESAD agasallará esta noitiña á programación do museo interpretacións e escenografías baseadas na vida e no universo creativo do arquitecto Alejandro de la Sota, un dos protagonistas do museo esta primavera. Serán entre as 19 e 21.30. En Lugo, na Rede de Museos Municipais, o protagonismo será hoxe no Centro de Interpretación de Porta Miñá, xa que ademais de horario estendido, a partires das 22.00 horas, haberá microactuacións musicais de 10 minutos de duración. No Museo Provincial ás 19.00 horas farase unha visita guiada a escuras e as 21.30 proxectaranse imaxes na fachada do xardín.

Na Coruña, se ben o Museo de Belas Artes xa celebraba onte a súa persoal proposta nocturna co concerto de The Lákazans, hoxe ofrecerá unha festa-verbena final, a partires das 21 da noite na que se interpretarán 10 anos de grandes hits.  as Casas Museo -Casares Quiroga, María Pita e Pablo Picasso-, as que tomen o relevo. Ofrecerán espectáculos de improvisación teatral ou visitas exprés de 15 minutos ás instalacións durante a noitiña. Pola súa parte o Museo Arqueolóxico da cidade, no castelo de San Antón estará aberto ata as 24.00. En Vigo o Museo do Mar de Galicia, e a Sede de Afundación estarán abertos ata as 22.00 horas.

O castelo de San Antón na Coruña estará hoxe aberto ata as 24.00 / foto cuv3 turismatcoruna.blogspot.com

Pode que che interese...