fbpx
Torques de Burela, do Museo Provincial de Lugo / Galipedia

O Torques de Burela, e tesouro áureo de Lugo, estrean nova casa

Tempo de lectura: < 1 min.

Mañá mércores, día 1 de agosto, ás 12:30 horas, terá lugar na Sala 8 do Museo Provincial de Lugo un dos máis importantes acontecementos museísticos deste ano. Será a inauguración da renovada sala de ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo, lugar no que se garda a gran colección de ourivería castrexa e romana de valor incalculable. Isto ocorre despois de que, tal e como informamos no noso xornal, o Museo se fixera en febreiro do pasado ano, coas 36 pezas da famosa colección de Álvaro Gil, e que permanecera en depósito no museo por moitos anos. Agora, este tesouro, xa formando parte da colección do museo, estreará sala renovada con novo programa expositivo.

O acto de inauguración contará coa presenza de D. Darío Campos Conde, Presidente da Deputación de Lugo; de Dna. Lara Méndez López, Alcaldesa de Lugo; Dna. Isabel Rodríguez López, Subdelegada do Goberno en Lugo e de Dna. Pilar García Porto, Deputada da Subárea de Cultura da Deputación de Lugo. Despois da inauguración, haberá unha visita guiada á nova Sala de Ourivería, con explicacións a cargo de Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial de Lugo.

Pode que che interese...