fbpx
Vista da penúltima campaña no Castro das Barreiras / foto equipo arquolóxico

Coñece como era a vexetación do Neolítico na antiga Gallaecia

Tempo de lectura: 2 min.

Esta primeira semana de outubro será a última in situ desta campaña de escavación no Castro das Barreiras de Vimianzo. Como xa contamos no noso xornal, é a segunda deste 2019 e responde ó compromiso do novo executivo de Mónica Rodríguez co xacemento. Continúase así co traballo iniciado no seu día polo goberno local do nacionalista Manuel Antelo que conseguiu converter o castro nun verdadeiro referente cultural.

A campaña iniciada o pasado 16 de setembro e dirixida polo arqueólogo Ángel Concheiro, contou cun orzamento de 15.000 euros. Nela escavouse unha parcela algo menor que as estudadas nas dúas campañas anteriores. Porén esta nova escavación permite en boa medida completar o traballo desenvolvido nas de 2015, 2018 e 2019, e acabar de deixar ó descuberto tres grandes vivendas e parte doutras tres mais.

Segundo o equipo, presentan dúas grandes singularidades. A primeira xa estaba sobre a mesa cando asomaron as primeiras. Era o enorme tamaño das mesmas, moito maiores as de outros castros galegos. A segunda, confírmase con esta campaña, e é a súa forma ovalada. Isto pode darnos conta da singularidade deste xacemento, pois xunto coa anomalía do recinto situado en fondo de val e a altura das murallas demostra a súa importancia.

Castro das Barreiras / foto equipo arquolóxico

Tamén se trata dun castro rico en cerámica e no que apareceron fragmentos con singulares decoracións. Isto nos fala tamén da demandaba utensilios con valores estéticos. Ademais se acharon nel evidencias do uso da metalurxia así como un coitelo de man. Mais polo de agora aínda se agardan achados co carácter revelador dos da anterior campaña.

Mais. sexa como for, esta nova campaña traerá ademais unha investigación singular. Pois, xa na súa etapa de laboratorio, procederá a estudarse algúns dos achados mediante o método do Carbono 14. Con el preténdese establecer as datas de uso do poboado, así como estudar a vexetación da contorna do castro na época neolítica. Estudarase o polen e o carbón achados no xacemento, o que se espera que informe sobre os usos agrícolas do momento, máis tamén os recursos forestais.

Castro das Barreiras / foto equipo arquolóxico

Pode que che interese...