Empregan un cruceiro de Caldas de Reis como apoio un cable eléctrico | Historia de Galicia
Cruceiro de Santiago de Godos empregado como poste da luz / foto Juan Cabeza Quiles no grupo Canibalismo urbanístico e maltrato á paisaxe

Empregan un cruceiro de Caldas de Reis como apoio un cable eléctrico

Tempo de lectura: < 1 min.

“Preguntámonos que aguantará máis tempo, o cruceiro ou a parede da igrexa de Santiago de Godos en Caldas de Reis?”. Esta é a triste reflexión que dende a páxina Canibalismo urbanístico e maltrato á paisaxe fan nas súas redes sociais despois de que un dos seus seguidores do grupo Cruceiros de Galicia lles enviara unha imaxe do cruceiro do adro de Santiago de Godos en Caldas de Reis.

E é que o cruceiro, tal e como aparece recollido coas imaxes do seguidor, é empregado como apoio das liñas de electricidade. Segundo se describe a liña atópase pendurada da parede da propia igrexa. Mais, para salvar a distancia pasa literalmente rozando a propia cruz esculpida do cruceiro.

Cruceiro de Santiago de Godos empregado como poste da luz / foto Juan Cabeza Quiles no grupo Canibalismo urbanístico e maltrato á paisaxe

Segundo a Lei 5/2016 de 4 de maio de Patrimonio Cultural de Galicia o cruceiro, de xeito xenérico atópase declarado Ben de Interese Cultural e calquera intervención debe ser comunicada á Dirección Xeral de Patrimonio. Porén, semella que a intervención xa se fixo vai tempo mais ata o de agora non se reparou nela.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: