Unha exposición recolle a memoria do Baixo Miño
“Río Miño – Memorias transfronteirizas”. Esta é a exposición que dende o pasado venres 9 de outubro pose visitarse na Guarda para descubrir a natureza, o patrimonio e a vida das xentes que ó longo da historia habitaron as dúas ribeiras do río.
A exposición reflicte a vida ó redor do Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais.
A mostra, conformada por quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos, trátase dun achegamento ó patrimonio inmaterial das dúas ribeiras, desenvolvida polo CIM Alto Minho en colaboración e coordinación coa Deputación de Pontevedra. Poderá visitarse na Guarda, do 9 ó 20 de outubro na Casa dos Alonsos.