fbpx
Testamento de Alonso de Fonseca III

O testamento de Alonso de Fonseca III: cando se construíu a Compostela de artes e ciencias

Tempo de lectura: < 1 min.

O Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS) súmase á conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial da Unesco achegando unha análise arredor da figura de Alonso de Fonseca III a partir do seu testamento outorgado en Alcalá de Henares o 17 de febreiro de 1534.  O AHUS propón unha análise contextual e diplomática deste documento pola súa indiscutible transcendencia en tanto que sentou os alicerces para a constitución da USC. O documento e a análise están dispoñible para a súa consulta na web do Arquivo.

A análise realizada dende o Arquivo Histórico Universitario destaca a figura de Alonso de Fonseca III pola súa relevancia tanto nos planos local como universal.  Neste senso e á vista do seu testamento, o equipo do AHUS sinala que “poucos personaxes da primeira Idade Moderna hispánica conseguiron desenvolver, nunha traxectoria vital de tan só 59 anos, unha actividade tan relevante, mesmo frenética, en campos tan diversos e en materias tan distintas, personificando a figura paradigmática do home de prol renacentista”.

Pode que che interese...