fbpx
Cabeza de Sabardes recreación virtual, colectivo a Rula

Vídeo: así se ve a misteriosa Cabeza de Sabardes en 3D

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha singular cabeza da que se descoñece tanto a súa orixe como a súa cronoloxía, mais cun icónico rostro e unha aparente antigüidade. Este é o achado que o Colectivo A Rula descubriu fai xa uns meses situada sobre un banco nunha fachada en Sabardes, Outes, e que se deu a coñecer nos pasados días.

A cabeza podería ser mesmo unha peza procedente dun castro ou ter algunha relación co desaparecido Mosteiro de Sabardes. Mais nada sabe da súa orixe alén de que o seu aspecto. A cabeza foi descuberta polo colaborador do Colectivo Luis del Río, a quen á súa vez informara Anxo Núñez, veciño do lugar e concelleiro polo BNG de Outes.

 

Dende o achado o Colectivo tratou de desenmascarar a súa orixe dando parte á Dirección Xeral de Patrimonio, ó Concello de Outes e a diversos expertos. Como Xoán Xosé Mariño, Elixio Vieites, Puri Soto, Manuel Santos Estévez, Xulio Carballo Arceo, Francisco Calo Lourido ou ó o arqueólogo Manuel Lestón.

Todos eles están a aportar o seu coñecemento para revelar o misterio da procedencia da Cabeza. Mais tamén tamén desenvolver unha descrición detallada da escultura, como o debuxo descritivo feito por Ana Lombao. Tamén a recreación virtual da mesma na que pode descubrirse a singular feitura da peza neste vídeo subido polo colectivo á plataforma YouTube.

Pode que che interese...