fbpx
Muralla de Lugo / foto Íñigo Mouzo Riobó

Excepcional achado: descobren que o cinto defensivo da Muralla de Lugo chegaría a uns 60 metros de ancho

Tempo de lectura: < 1 min.

O cinto defensivo completo da Muralla de Lugo chegaría ó redor dos 60 metros de ancho. Este é o gran achado que está a amosar xa a cata arqueolóxica que se desenvolve estes días no entorno da Torre da Mosquera. Unha sondaxe arqueolóxica realizada pola firma Engobe Arqueoloxía e dirixida Roberto Bartolomeu, no marco das obras de humanización desta zona.

E é que na cata atoparíase un enorme foxo que acadaría ata os 25 metros de anchura e que, segundo o director das escavacións, podería acadar 4 ou 5 de profundidade e estaría cuberto de auga. Se a este gran foxo se lle suma os 7 metros de ancho da muralla, os 6 máis de cada cubo, os 9 do intervallum, ou rolda interior, e o espazo entre estes elementos, podería acadar ata os 60 metros

Toda esta excepcional estrutura defensiva sería así un dos sistemas de enxeñería militar máis avanzados do século III. Nos traballos desenvolvidos ata o de agora atopáronse tamén restos de cerámica de Bonxe e Sargadelos e fragmentos de ladrillos da época romana. Recolle a nova el xornal el Progreso.

Pode que che interese...