fbpx
Muralla de Lugo / foto Íñigo Mouzo Riobó

Lugo ampliará outros catro metros o espazo peonil ó redor da Muralla en varios tramos

Tempo de lectura: < 1 min.

Durante a fase de desescalada na pandemia da Covid-19 moitos concellos galegos decidiron dar máis espazo ós peóns nas cidades restrinxindo en parte o tráfico rodado. Este foi o caso de Lugo, que en varias zonas restrinxíu o tráfico dun dos carrís da Rolda da Muralla para devolverllo ó peóns.

Agora, tras varias semanas de funcionamento da medida, o Concello de Lugo anuncia que se fará permanente. O obxectivo, segundo anunciou Rubén Arroxo, tenente de alcalde de Lugo e responsable da área de Mobilidade, é que Lugo teña un paseo peonil amplo de 2’5 quilómetros arredor de todo o monumento romano.

A peonización farase no tramo ó redor da Torre da Mosquera, entre a rúa de Santiago e a rúa Vilalba, ata a porta de San Pedro. As beirarrúas ocuparán todo o espazo do que hoxe é o carril interior. Así a cidade dará un novo paso cara unha maior humanización ó carón de un dos principais monumentos galegos.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...