fbpx
Nenos no hospital provincial / foto Deputación de Pontevedra

Así era o traballo dunha deputación galega no século XIX para controlar e afrontar as epidemias

Tempo de lectura: 2 min.

“As medidas sanitarias implantadas ao longo do século XIX e en boa parte do XX non tiñan un carácter estable, senón que o Estado as adoptaba cando as necesidades apremaban. Era unha actividade do Goberno, que lle correspondía á Policía de Salubridade e se lles confiaba aos xefes políticos e aos alcaldes, que tomaban as medidas segundo o estado de necesidade de protección da saúde”.

Así, dende os seus comezos, a Deputación de Pontevedra tivo que afrontar a xestión dos diferentes problemas sanitarios na provincia, “canalizando o seu labor a través das xuntas de sanidade e consignando nos seus orzamentos unha cantidade fixa co concepto ‘calamidades públicas’”.

É por isto que a Deputación de Pontevedra quere contarnos agora como tivo que enfrontarse ó difícil traballo de control e xestión das difíciles e numerosas epidemias que a sociedade vivía durante o século XIX. Por isto a institución ven de publicar a exposición virtual “Pandemias no século XIX”, na que conta, a través de documentos do seu propio arquivo, como era nese difícil momento esa xestión.

Sala do Hospital Provincial de Pontevedra / foto Deputación da Coruña

Pois, tal e como contan a través da súa páxina web, “consérvase un grupo documental que, baixo a denominación ‘Expedientes de Sanidade’, describe un amplo abano de actuacións relacionadas co persoal médico, co control das epidemias, coa construción de cemiterios e instalacións sanitarias ou balnearios”. “Estatísticas sanitarias, órganos de control e decisións, ademais doutros asuntos, principalmente do século XIX” poden atoparse neste arquivo.

Así, a exposición amosa documentos sobre sanatorios, institucións de saúde, cemiterios, medidas de contención ou folletos informativos, o traballo da institución ó longo de boa parte da súa historia. Recolle tamén a través deles de diversas epidemias do século, como a do cólera chegado de Asia a través de soldados belgas, de 1833-1834, ou a febre tifoidea de 1853-1855 debida a malas colleitas.

Ademais, tal e como relatan dende a institución “a actividade da Deputación no eido sanitario reflectiuse especialmente na creación e no mantemento do Hospital Provincial e do Hospital Psiquiátrico do Rebullón, ambos os dous transferidos”. En conxunto un inxente traballo do que agora pode coñecerse unha parte de enorme interese dende súa web.

Entrada a un pavillón no hospital provincial / foto Deputación de Pontevedra

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: