fbpx
Torre da Pena / frame do vídeo

Vídeo: así é a impresionante imaxe, a vista de dron e coa mellor música, da torre que domina a Limia

Tempo de lectura: < 1 min.

O pasado día 21 de xuño a Xunta de Galicia sacaba a concurso a licitación das obras de consolidación e acondicionamento da Torre da Pena en Xinzo, unha das torres que dominan toda a comarca da Limia. As obras, que contan co financiamento do programa Feder, prevén, ademais da consolidación da fortaleza, a escavación, investigación e divulgación desta esquecida xoia patrimonial.

E é que a Torre da Pena é unha das grandes iconas históricas e monumentais da comarca da Limia. Unha sólida torre de perpiaño que domina a comarca e que foi testemuña das batallas entre señores galegos e portugueses, da conquista do duque de Láncaster e das disputas entre os Lemos e os Monterrei. Abandonada dende o século XVIII foi cedida no ano 2009 á Xunta agardando sobre o perfil da chaira limega nova vida.

 

Trátase dun dos grandes elementos paisaxísticos da comarca, visible case dende calquera punto. É por isto que non é de estrañar que sitios como a canle de YouTube de Beautiful & Emotional Piano publicaran o pasado mes de abril impresionantes imaxes a vista de dron sobre o lugar. Trátase dunha peza audiovisual conxunta do músico e compositor Juan Sánchez, con excepcionais imaxes filmadas por Felipe Cortizo. Música, imaxe e o solpor na paisaxe da Limia dannos conta deste patrimonio excepcional.

Pode que che interese...