fbpx

Queres coñecer este verán un dos centros históricos mellor conservados de Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

“Se ben existen moitas formas de coñecer unha cidade, percorrerla cun guía pode ofrecernos unha perspectiva moito máis completa”. Afirmábao así Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra, na presentación das visitas guiadas deste 2021 polo centro histórico da cidade.

E é que Visit Pontevedra organizará este verán visitas guiadas con varias opcións, tanto para adultos como para os máis pequenos. Entre elas destacan visitas nocturnas, ó Camiño de Santiago ou ás pontes que atravesan o río Lérez. Entre as novidades deste ano inclúese unha xincana-taller gratuíta para nenos e nenas de entre 5 e 12 anos.

Tal e como indicou a edil socialista do Concello, “nas visitas organizadas e patrocinadas polo Concello de Pontevedra só traballamos con guías oficiais de Turismo, percorrendo a cidade e visitando o interior dos edificios e monumentos sempre que sexa posible; dando a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos vencellados a Pontevedra, e narrando unha morea de anécdotas e lendas”.

Todas elas cumpren ademais estritamente coa lexislación local e as recomendacións sanitarias en materia de protección e seguridade contra a Covid-19, con grupos reducidos e guías que teñen formación específica en protocolos de actuación e manuais de boas prácticas para a prevención de riscos. Haberá tomas de temperatura ó inicio da ruta, achega de xel hidroalcohólico e con uso de mascarilla obrigatorio durante toda a visita.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...