fbpx
Mosteiro de Santa María das Junias, en Pitoes das Junias / Wikipedia

Pitões das Junia, capital do celtismo galaico-portugués

Tempo de lectura: < 1 min.

A aldea portuguesa Pitões das Junias, no fronteirizo concello portugués de Montalegre, acollerá as X Jornadas Galaico-Portuguesas os días 7 e 8 de maio. A cultura celta é a protagonista destas xornadas neste evento organizado pola Junta de Freguesia de Pitões das Junias e o  grupo galego “Desperta do Teu Sono”.

A través de diferentes conferencias, con ponentes como Carlos Paz e Anxo Miján, co Centro Infográfico Avanzado de Galicia (CIAG), a cultura celta unirá Galicia e Portugal. Ademáis, o sábado 7 de maio, a banda galega de folk metal Mileth porá a música á xornada.

Destaca dentro da programación a conexión vía satélite que se fará con Lanóbriga, o castro celta de San Cibrao de Las. A través dos seus dispositivos móbiles, os asistentes poderán recorrer as rúas e lugares máis emblemáticos deste complexo arquitectónico.

O domingo 8 de Maio, a xornada completarase cun percorrido arqueolóxico polo ourensán municipio de Bande. A programación completa en Desperta do teu sono.

Pode que che interese...