fbpx

Baroña, o gran castro do mar de Galicia, segue amosando sorpresas arqueolóxicas

Tempo de lectura: < 1 min.

O Castro de Baroña acolle novas intervencións de mantemento, consolidación e acondicionamento de estruturas, cumprindo así o programa anual de actuacións que promoveu o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo. Porén, estes traballos poderían ser a antesala a futuras actuacións que desvelen máis información do recinto arqueolóxico.

Un total de 80 metros cadrados na parte sur do segundo recito da edificación son o obxectivo das novas labores de conservación, que comezaron nos últimos días baixo a dirección do arqueólogo Tito Concheiro. Aínda que o experto non aporta novos datos, afirma que se están levando a cabo investigacións cuxos resultados se coñecerán a medida que avancen os detalles.

Os traballos que se están a levar no castro de Baroña tamén inclúen escavacións para sacar a luz dúas novas cabanas. Porén, o principal obxectivo desta intervención é consolidar as estruturas existentes para previr o seu deterioro. Con todo, o arqueólogo apunta á riqueza que agocha este lugar de Porto do Son: “Cada vez que se entra no castro conséguese información nova”.

Os traballos de conservación, promovidos polo Concello, contan coa colaboración da Xunta para o seu financiamento. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...