fbpx
Herbas de San Xoán / Galicia Meiga

Son sete, pero coñeces todas as tradicionais herbas de San Xoán?

Tempo de lectura: 2 min.

O San Xoán é unha das festas máis esperadas e populares de Galicia. Cada 23 de xuño, as praias galegas énchense de cacharelas para dar a benvida ao verán. O solsticio do verán é unha celebración pagá que quedou na tradición galega, e os mitos e rituais asociados a ela moi abundantes.

O día de San Xoán, as fogueiras acesas están ou En San Xoán, a sardiña molla o pan son algúns dos refráns que ilustran a tradición arredor desta festividade, unha celebración na que tradicionalmente se levan a cabo diferentes rituais para afastar maleficios e doenzas.

Con este obxectivo, o de protexerse ante calquera mal que poida vir, prepárase o cacho coas herbas de San Xoán, unha das tradicións máis coñecidas e que consiste na recolección de diferentes herbas aromáticas coas que, tras estaren en auga “de sete fontes” ao orballo da noite, se lava a cara á mañá seguinte. Son sete as herbas que forman o cacho, e como explica a bióloga e autora do libro “As herbas de San Xoán”, Silvia Domínguez, isto tiña unha razón de ser: o sete é un número máxico e de referencia no mundo do paganismo.

Pero cales son estas herbas? A herba de San Xoán, o fiúncho, a herba luísa, a xesta, o fento macho, a malva e o romeu son as plantas que completan o cacho. Porén, dende ruda a roseira, pasando por figueira, sabugueiro ou estraloques… calquera desta especies tamén son benvidas neste rito tan popular, que cadaquén pode adaptar para si. Ademais, cada unha posúe diferentes características medicinais e, segundo a cultura popular, tamén máxicas, que fan do cacho un rito moi especial.

A herba de Sanxoán, coas súas propiedades cicatrizantes “limpa a cara de grans”, mentres que o fiúncho, entre outras cousas, axuda á dixestión. A herba luísa recoméndase para as dores de estómago, pero tamén é a herba contra os enganos amorosos, mentres que da xesta se di que “varre as males enerxías”.  O fento macho é un antiparasito que, segundo as lendas, florece a noite de San Xoán. En canto á malva, bótase no cacho para “abrandar” o carácter da xente aflixida, mentres que o romeu, ademais de usarse para diferentes doenzas, tamén protexe e purifica os fogares.

Recollendo toda esta sabedoría popular atópase a Guía expresionista das herbas de San Xoán “Herbas da Noite”, unha obra que a profesora Dores Pereira comezou fai 20 anos para que o cacho de San Xoán non caese no esquecemento. Agora, grazas á axuda das súas fillas, elaborou un caderno que se presentou este mércores 22 no Concello de Ponteareas. Con esta obra, de cuxa ilustración e edición se encargou a súa filla Paula Lago, Pereira tamén quere transmitir a maxia do cacho de San Xoán, ao que asocia moitos recordos alegres da súa infancia. Máis información en Galicia Confidencial.

Pode que che interese...