fbpx
Un avó coa neta, o mellor xeito de transmitir historias, lendas e contos / DdN

Cando un colexio loita para que o alumnado recupere a memoria dos avós

Tempo de lectura: < 1 min.

O colexio de Belesar en Baiona acaba de dar a coñecer o seu Proxecto Documental Integrado “Belesar, Camiños da memoria”. O seu obxectivo é vincular ao alumnado coas persoas maiores da contorna a través das súas historias, creando logo rutas polos lugares onde estas sucederon.

A primeira fase do proxecto, para a que acaban de lanzar un vídeo publicitario, consistirá en localizar persoas maiores dispostas a ser entrevistadas e gravadas en vídeo contando as súas historias e anécdotas da xuventude. No centro estarán as próximas catro semanas publicitando o proxecto para captar o máximo número de historias posibles.

A iniciativa, dinamizada dende a biblioteca escolar e que vai ser levada a cabo polo alumnado, rematará coa creación dos “Camiños da memoria”. Estes serán diferentes rutas pola contorna de Belesar onde a persoa camiñante, a través de códigos QR, poderá visualizar co seu móvil aos protagonistas das historias que alí sucederon hai máis de 60 anos.

Ademáis, organizarán unha exposición co resultado do traballo realizado e completarán este traballo de recuperación do vinculo xeracional coa creación de cartéis con “consellos de vida”, onde aparecerán, ademáis, os nenos e nenas xunto coa persoa maior que regala ese consello.

Pode que che interese...