fbpx
Entrelazado castrexo atopado en Aranga / A Rula

Atopado o primeiro entrelazado castrexo da provincia da Coruña

Tempo de lectura: < 1 min.
Un achado casual nunha casa de Aranga acaba de de abrir unha interesante vía de investigación no mundo da arqueoloxía. Unha veciña da localidade atopou unha pedra labrada cando tentaba restaurar esta vivenda a poucos metros da Igrexa na parroquia de San Vicente de Fervenzas. Uns achados que foron comunicados ao Colectivo A Rula que confirmou que se trataba dun ara votiva romana adicada a Xúpiter.
“Nesa parcela hai unha casa de pedra qiue estaba completamente cuberta por maleza. Limpámola e xusto vimos esa pedra facendo de chanzo de entrada. Como tiña un debuxo e unhas letras, pensei q podía ser algo importante, así que púxenme en contacto coa asociación Colectivo a Rula“, indica Bea Rodríguez, a propietaria da casa.
Tras unha investigación máis exhaustiva os integrantes da Rula tamén investigaron un pedra cun raro entrelazado castrexo. “De feito, é o único deste tipo atopado na Coruña”, apunta Luis Leclere, de A Rula. Consiste nun entrelazado da mesma tipoloxía que os atopados anteriormente no sur de Galicia, norte de Portugal e Asturias. Toda a información en Xornal da Coruña.

Pode que che interese...