fbpx
A Garda Pretoriana desfila polas rúas da antiga Lucus Augusti / Concello de Lugo

A Garda Pretoriana desfila por Lugo

Tempo de lectura: < 1 min.

As tropas da Garda Pretoriana de Lucus Augusti percorreron este mércores un tramo do Camiño de Santiago, entre a Ponte da Chanca e a Ponte Romana. Trátase dunha actividade enmarcada na programación do Lvcvs Cvltvral, organizado polo Concello en colaboración coas asociacións de recreación histórica do municipio.

A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañou pola zona vella a esta comitiva co obxectivo de quentar motores para o Arde Lvcvs, que terá lugar o 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo, estreando este ano a distinción de Festa de Interese Turístico Nacional.

En xornada de mañá, e tamén enmarcada dentro desta programación, tivo lugar, na Praza Maior, unha degustación e venda de pan romano, a cargo da Asociación de Fabricantes de Pan da Provincia de Lugo (AFAPAN). A edil achegouse a saudar os panadeiros e panadeiras que ofreceron pan de centeo ou millo, con frutos secos ou pasas, entre outros.

Pode que che interese...