fbpx
Montaña sacra de Ikh Bogd Uul (Mongolia)

Unha tese galega sobre unha montaña sagrada de Mongolia recibe un premio internacional

Tempo de lectura: < 1 min.

A tese doutoral ‘Arqueoloxía dunha montaña sacra: túmulos, auga, mobilidade e cosmología de Ikh Bogd Uul‘, realizada no Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC, Santiago de Compostela) por Cecilia Dal Zovo foi distinguida no Premio ICAS 2017. En concreto, obtivo a mención especial Specialist Dissertation Accolade como mellor tese especializada na categoría de Humanidades.

Os premios ICAS están promovidos polo Instituto Internacional de Estudos Asiáticos (Leiden, Holanda). Celébranse desde 2004 e o seu labor é distinguir os mellores traballos académicos en Ciencias Humanas e Sociais en Asia, tanto como publicacións de libros (en cinco diferentes idiomas) como teses doutorais en inglés. Nesta edición optaban aos galardóns 330 libros e 125 teses doutorais. En cada categoría outórgase un primeiro premio e unha mención especial.

A tese, defendida en 2016 na USC e que obtivo a cualificación de sobresaliente cum laude, indaga desde unha perspectiva multidisciplinar nos túmulos e as súas relacións coas comunidades nómades na contorna da montaña sacra de Ikh Bogd Uul (Mongolia). Ofrece por primeira vez para esta zona unha catalogación completa destes monumentos e datos de cando e por que se construíron, durante canto tempo foron modificados e en que medida influíron nos ritos realizados nese territorio ao longo dos séculos. Tamén se dedica ao estudo da comunidade nómade local da montaña.

Pode que che interese...