Debuxos pintados sobre o granito da igrexa de Santa Clara, en Santiago / Consorcio de Santiago

Xa hai resposta para os misteriosos debuxos do século XVIII atopados nun mosteiro de clarisas

En 2014 o Consorcio de Santiago retirou a tarima de madeira que forma a capa superior do pavimento da igrexa do convento de Santa Clara, en Santiago de Compostela, debido ao seu mal estado de conservación, para renovala.

Naquel intre observouse, baixo a tarima, unha gran cantidade de trazados inscritos sobre as lousas de granito que constitúen a base do pavimento deste gran edificio relixioso. Trátase de monteas, debuxos gravados na pedra que servían de guía aos canteiros como referencia no proceso de construción. Unha vez analizados, descubriuse que teñen un elevado valor histórico, artístico e patrimonial.

Precisamente, para avanzar máis no coñecemento destes debuxos, o Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny acaban de publicar Las monteas del convento de Santa Clara de Santiago de Compostela, unha obra do historiador Miguel Taín Guzmán e do arquitecto José Calvo López, que se presentará este mércores en Santiago.

Planta da Igrexa do convento de Santa Clara e debuxo de todas as marcas atopadas / Consorcio de Santiago

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: