fbpx
Cibdá de Armea, en Santa María de Augas Santas / Concello de Allariz

O gran misterio da Cibdá de Armea continúa

Tempo de lectura: < 1 min.

A novena campaña arqueolóxica en Armea, na parroquia alaricana de Santa Mariña de Augas Santas, rematou o pasado venres deixando novos achádegos no coñecemento histórico da antiga “Cibdá de Armea”A intervención deste ano na denominada Finca da  Atalaia, de propiedade municipal, centrouse nos traballos de escavación da domus leste, asomando importantes mostras de estruturas e estancias nas que se atoparon restos tanto pétreos coma de materiais cerámicos, tellas e vidro ademais de pequenas alfaias na súa maioría elaboradas en bronce.

A Cibdá de Armea, que segundo os arqueólogos estivo habitada entre os séculos I e II da nosa era, ten de momento escavadas 3 domus e unha vía central. Dentro desas domus o visitante pode atopar estancias con lareiras, muíños, zonas dedicadas a produción de utensilios de metal e vidro. Os investigadores non deixan de sorprenderse pola importancia deste xacemento, así como todo o que rodea o lugar de Santa Mariña de Augas Santas.

Adolfo Fernández, do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) e Vicedecano da facultade de Historia da Universidade de Vigo, desenvolveu durante este mes de agosto a escavación froito do convenio de colaboración subscrito entre Universidade de Vigo e o Concello de Allariz.  A Xunta de Galicia participa por primeira vez no financiamento dos traballos -a través da dirección xeral de Patrimonio- cunha achega de 30.000 euros. Toda a información no xornal Galicia Confidencial.

Pode que che interese...