fbpx
Capela do Carme de Lugo / foto Turismo de Galicia

Este son os tesouros que garda no seu interior a capela do Carme, que restaurará o Concello de Lugo

Tempo de lectura: 2 min.

Tal e como publicamos nos pasados días, o Concello de Lugo intervirá na capela do Carme, que se localiza ó carón da Porta Miñá e no Camiño Primitivo a Santiago. A intervención ten por obxectivo preservar o templo libre de humidades e contempla arranxo total da cuberta, así como o cambio da lousa e os canlóns, o illamento exterior.

A obra terá un orzamento total de 70.000 euros e enmárcase dentro do proxecto para recuperar o barrio que está a desenvolver o consistorio nos últimos meses. Planéase tamén nun futuro a intervención na parte traseira da igrexa así como así como diversas accións para potenciar o Camiño Primitivo.

Lara Méndez no interior da apela do Carme / foto Concello de Lugo

A intervención presentábase imprescindible para o concello, xa que urxe unha reparación do seu tellado.  Ó estar en mal estado pon en perigo a filtración e humidade pon en perigo a riqueza patrimonial que a capela garda no seu interior, dos séculos XVIII e XIX. Algúns dos elementos de gran valor patrimonial que garda esta capela do barrio, no que a tradición di que naceu San Froilán serían os seguintes:

  • Retablo da Virxe do Camiño. O primitivo retablo da virxe do Carme é agora o da Virxe do Camiño, imaxe posiblemente do primeiro terzo do século XVI. É dun corpo e carnarin ou arca poligonal entre estípites, propio do século XVII. O seu respaldo adórnase con entrepanos de placas ovaladas e coa vieira ou cuncha de peregrino, alusiva ao Camiño de Santiago. Remata con escudo do Monte Carmelo.
  • Retablo de san Ramón. O antigo retablo da Virxe do Camiño destinouse en 1763 a san Ramón, imaxe retirada da capela existente na muralla sobre a Porta Miñá. É de estilo barroco e dun corpo sobre a plataforma do altar. O remate está formado por un emblema circular entre volutas e a vieira, con símbolos dos mártires. Foi restaurado en 1828 polo pintor Juan Bernardo Pérez de Castinande.
  • Retablo da capela maior. O 5 de xaneiro de 1826 a confraría concertou a construción do retablo maior co mestre de obras, Juan Sánchez, o entallador e escultor lucense Antonio Luaces que fixo os planos. O estilo é greco-romano ou neoclásico e pouco depurado que conserva un gusto barroco. Sobre as portas de acceso á sancristía están imaxes de san Xoán da Cruz e santa Tareixa.
  • Camarín da Virxe. A imaxe do Carmelo de Lugo foi encargada en 1845 á Academia de San Fernando de Madrid. Fíxoa o escultor Francisco Bellver (1812- 1890). No camarín hai quince espellos distribuídos en tres grupos de cinco, en aspa ou sautor, que evocan os misterios gozosos, dolorosos e gloriosos do rosario.

    Capela do Carme de Lugo / foto HombreDHojalata CCBy Wikimedia

Pode que che interese...