fbpx
Mina romana atopada na raia, a carón do paso fronteirizo entre Baltar e Montealegre

Atopada outra gran mina romana na Raia a carón do impoñente castro da Boullosa

Tempo de lectura: 2 min.

Por Óscar Pazos, xeólogo e investigador

A investigación da minaría galaico-romana do ouro segue a ampliar o catálogo de minas e segue a dar sorpresas. O penúltimo achado atópase xusto na raia entre Galicia e Portugal, a carón do paso fronteirizo entre Baltar e Montealegre, e a só 3 km do impoñente castro da Boullosa

Gabia da mina romana atopada ao carón do paso fronteirizo entre Baltar e Montealegre / Óscar Pazos

A mina ten a forma de unha longa gabia duns 300 metros e 10 metros de fondura, e polo momento sen evidencias de extensión en subterráneo. A gabia abre cara ao noreste, por onde discurre a estrada de Baltar a Montalegre, que corta entulla parcialmente a mina neste punto.

O gabión descuberto cava en granito de dúas micas, mais de momento non hai dados sobre a posible mineralización, sendo a principal hipótese que se trate dunha mina de ouro. Non moi lonxe ao norte desta atópase a mina en secundario da Veiga, xa en pleno Couto Mixto, e ao sureste está a zona

A mina foi descuberta polos xeólogos Eduardo Glez Clavijo e Oscar Pazos no contexto dunha ampla investigación da minaría galaico-romana, e xa comunicaron a Patrimonio o achado.

Material mineiro da mina atopada ao carón do paso fronteirizo entre Baltar e Montealegre / óscar Pazos

Pode que che interese...