fbpx
Fenda nun dos cubos da Muralla de Lugo/ BNG

Advirten do risco de derrubo da  Muralla de Lugo

Tempo de lectura: 2 min.

A Muralla de Lugo é o ben patrimonial máis vixiado desta cidade, ou, debería selo. De feito, desde que foi declarada como monumento Patrimonio da Humanide, está no punto de mira do patrimonio europeo. Nos últimos anos xa se fixeron varias revisións e mesmo se detectaron diversas fendas.

No 2015, Fomento destinaba 90.000 euros para selar unha grave fenda que aparecerá no cubo VI da Muralla, pero hai outros puntos da mesma que tamén presentan problemas. De feito, o voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, adevertiu este luns da existencia dunha nova fenda nun cubo da Muralla da Lugo, a que se atopa, curiosamente, en fronte ao edificio administrativo da Xunta de Galicia.

Unha fenda que xa fora detectada no 2015 pero que non recibiu, polo momento, ninguna atención. Por iso, Arroxo pediu que se tomen as medidas precisas para evitar un posible derrumbe ou o deterioro desta parte do monumento Patrimonio da Humanidade. “É responsabilidade de todas e todos estar atentos ao coidado e mantemento da Muralla, xa que o símbolo de Lugo e un dos monumentos máis importantes de Galiza” apuntou.

A chuvia podería agrandar a fenda

O edil do BNG – Asembleas Abertas dixo que este tipo de fendas poñen en perigo a estabilidade estrutural dos cubos nos que aperecen e informou que se trata “dunha fenda en sentido vertical que se pode incrementar polo efecto das choivas que viviremos nestes días”. Neste sentido, apuntou á responsabilidade da Xunta de Galiza no mantemento da Muralla e pediu “que se actue con prontitude e dilixencia como é necesario por tratarse dun monumento Patrimonio da Humanidade”.

Ademais,  aludiu ao perigo para viandantes e vehículos no caso de que se chegue a producir un derrubamento “Non so se trata dos danos que poida sufrir o monumento, en caso de desprendementos tamén podería ocasionar danos sobre persoas ou vehículos”. O lugar no que se atopa a fenda é un lugar moi transitado por peóns e cun importante volume de tráfico rodado.

Pode que che interese...