fbpx
Rapaces que estudaron en escolas impulsadas pola emigración galega / forosxenealoxia.org

Para que serviu o diñeiro que os emigrantes mandaron desde 1790 a 1900

Tempo de lectura: 2 min.

O Banco Sabadell, actual propietario do histórico Banco Gallego, decidiu depositar o fondo documental histórico desta entidade bancaria no Arquivo de Galicia. Uns fondos que describen boa parte da vida económica de Galicia desde 1760 e 1900 e evidencian o papel económico da diáspora na educación e modernización do país e na fin do sistema foral.

O obxectivo deste préstamo é “conservar, custodiar, difundir e facilitar” o seu acceso público para que poida ser estudiado por calquera cidadán. En total, trasladáronse 633 libros entre os que se atopan libros maiores, diarios de contas bancarias, libros copiadores de cartas, libros de facturas, relacións con debedores e escrituras de sociedades. Moitos deles notorios documentos financeiros moi importantes para entender boa parte da historia contemporánea de Galicia.

Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidirá o acto de entrega do fondo documental histórico do Banco Gallego ao Arquivo de Galicia por parte da Fundación Banco Sabadell. No Arquivo de Galicia / Xoán Crespo- Xunta

O presidente do Banco Sabadell, Josep Oliu; o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez; e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras autoridades, protagonizaron o acto no que se formalizou este depósito, que o xefe do Executivo autonómico agradeceu e prometeu “coidar ben”.

Do mesmo xeito que Román Rodríguez, quen incidiu na importancia de que os galegos poidan acceder a este tipo de documentos, Feijóo resaltou o valor histórico dos volumes. “As cousas están para que a xente as consulte”, sinalou Josep Oliu, quen subliñou que os documentos depositados resumo “a historia económica de Galicia dos últimos 150 anos”.

O papel da banca en Galicia

De feito, a través de moitos destes documentos, poderase coñecer o papel que desenvolveu a banca na vida dos galegos desde 1760 ata o inicio do século XX, desde distintos puntos de vista: o dos clientes, pero tamén o dos propios fundadores do banco, que desenvolveron unha intensa actividade industrial e comercial en ámbitos como as conservas ou a obra pública.

Tamén destacan aqueles fondos que describen o fenómeno da emigración a América. E é que estes documentos permiten probar a correlación entre as remesas enviadas desde a diáspora e a redención dos foros, que permitiu aos campesiños acceder á propiedade das terras que traballaban desde séculos atrás.

O Arquivo de Galicia xa custodia outras coleccións singulares como a da Banca Bengonoechea ou a da familia Vilariño Pintos, a primeira en abrir un camiño de doazóns ao que, cada vez, se unen máis particulares e empresas.

 

Pode que che interese...