O castro de Viladonga rodeado de eucaliptos / Arte, cultura y viajes - WordPress.com
O castro de Viladonga rodeado de eucaliptos / Arte, cultura y viajes - WordPress.com

Os eucaliptos ameazan o castro máis importante de Lugo, o de Viladonga

Tempo de lectura: 1 min.

O castro máis importante de Lugo, e un dos de máis sona de Galicia, o de Viladonga -en Castro de Rei- está rodeado de eucaliptos. Unha presenza masiva desta especie invasora que fai imposible que sexa apreciada a magnitude deste ben arqueolóxico.

Os eucaliptos tamén afectan o museo que se atopa ao pé do castro e que tamén queda “tapado” por esta especie arbórea. Por iso, non son poucas as voces profesionais que piden xa que se tallen estas árbores polo seu “importante impacto visual e medioambiental” en todo a contorna.

Novas pezas atopadas

Curiosamente, non hai pouco, o castro daba a coñecer os novos achados atopados nas últimas escavacións que se fixeron, precisamente, para mellorar a accesibilidade a este. Os arqueólogos desenterraron diversas pezas de olería e de bronce. Son obxectos datados na época galaicorromana que nos falan de como era a vida cotiá dos nosos devanceiros, tal e como relata o xornalista Félix Arangunde nesta reportaxe da TVG.

Unha vez restauradas, as máis destacadas serán expostas no museo do castro. É o caso dunha pulseira de bronce atopada ou da metade do testo dunha pequena pota que completa outro anaco descuberto nos anos 70.

Tanto o castro de Viladonga coma o seu museo están declarados bens de interese cultural e reciben cada ano decenas de miles de visitantes.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: