Moda romana en Lugo 18 séculos despois
Esta fin de semana ten lugar Vestimenta MMXVIII, unha alternativa de ocio máis para prepararse para o Arde Lvcvs. Trátase dunha cita que se desenvolverá este sábado nas instalacións de Ferretería Eventos de Lugo e que inclúe tanto artesanía, moda e complementos inspirados na época imperial de Lucus Augusti.
Conta con 11 postos: Dukaree, artesanía da cabaza, Experiencias do Destino, Xoiería Honorino Freire, Marga Portomeñe, Miluna, Muy Kuki Shop, Pandelandras, Shambala Terapias Naturais, Unha de Romanos, UnodMila e Qvod Fecit.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente de Lugo Monumental, Luis Latorre, inauguraron este venres o encontro destacando a importancia que a vestimenta de época ten no Arde Lucus.