fbpx
O Castro Lupario, mítica fortaleza da raíña Lupa / Wikipedia

Denuncian a “animalada inconcebible” de querer pasar unha liña de alta tensión polo Castro Lupario

Tempo de lectura: 2 min.

Os veciños de Angueira de Castro, do concello coruñés de Rois, denunciaron este luns a tramitación para a construción dunha rede de alta tensión no conxunto patrimonial de Castro Lupario, ao que pertence a aldea, e propoñen á Xunta o desvío do proxecto para que non afecte á zona de protección do patrimonio, que consideran unha “animalada inconcibible“.

Non entendemos como se pode permitir este atropelo a todos estes bens culturais“, expresou o membro da plataforma veciñal de Angueira, Marcos Santos, que engadiu que tiveron coñecemento do proxecto en novembro, cando xa estaba na fase final de tramitación. Neste sentido, explicou que os veciños descubriron entón que a zona non está declarada como Ben de Interese Cultural (BIC) tras a paralización en 2010 da súa tramitación.

Por iso presentaron unha proposta de protección desta zona como Ben de Interese Cultural (BIC) mediante a creación dun Centro de Interpretación do Castro que permita a “posta en valor” do Castro. Polo seu lado, o director de Fraternidade Internacional Camiño de Santiago (FICS), José Antonio de Ríseao, resaltou a nula resposta por parte do conselleiro de Cultura ante varias solicitudes de entrevista hai un mes. Así mesmo, indicou que “confía nos casos precedentes como o do parque eólico sobre o río Oribio“, cuxo impacto ambiental é “mesmo moito menor”.

Sen protección

O territorio, que comprende unha serie de bens culturais de enorme tradición xacobea como son o Pazo de Faramello, a carballeira de Francos ou a propia aldea de Angueira, forma parte do Camiño Portugués e supón un “emblema mítico de atracción xacobea“, segundo José Antonio de Rísea.

Por iso, os veciños acusaron á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de aprobar a construción dunha rede de alta tensión de 220 quilowatts con torretas de 60 metros de altura, máis altas que o propio castro, colocadas a 60 ‘ou’ 80 metros das casas da aldea e que suporía a talla de árbores de 200 metros de ancho. Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...