Así foi 2020: Desfeita no Castro de Baroña
En pleno Estado de Alarma, coa poboación en corentena, produciuse no mes de abril unha das maiores desfeitas patrimoniais que podemos lamentar deste 2020. Trátase dun estrago irreparable no camiño centenario de pedra que baixaba ó castro de Baroña, un dos castros máis importantes e visitados de Galicia.
Detrás da desfeita está, unha vez máis a utilización de maquinaria forestal pesada, que empregou o histórico e monumental camiño para acceder a corta nun terreo, a través dun espazo delimitado no Plan Especial do castro, tal e como denunciou nese difícil momento Ría de Noia. A empresa madeireira non tiña licenza, nin da Dirección Xeral de Patrimonio nin da Consellería de Medio Ambiente.
Mais os grave danos da desfeita non quedaron aí. Pois, para agravar a situación xa de por si considerable, dous días despois, nun intento de repoñer ó camiño ó seu estado orixinal, os propios madeireiros volvían a intervir no lugar, sen permiso da Dirección Xeral de Patrimonio para adecuar o camiño podendo producir novos estragos. “Non creo que os autores actuasen con mala intención; pero nestes casos hai que traballar con moito coidado”, afirmaba o alcalde de Porto do Son.