fbpx
Detalle do Barrio do Cura / foto youtube.com

Luz verde para o polémico proxecto do Barrio do Cura

Tempo de lectura: 3 min.

Un dos grandes avances urbanísticos na historia de Vigo”. Así definía o alcalde Abel Caballero o proxecto do Barrio do Cura, despois de adiantar o pasado venres que o Concello xa dispón de todos os informes sectoriais perceptivos para iniciar o proxecto. Caballero amosaba así a súa satisfacción por un visto e prace que fará deste proxecto unha realidade tras, segundo el, medio século de agarda.

E é que, tal e como anunciou, o Concello reúne xa todos os informes sectoriais perceptivos para a aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura. Pois xa foi recibida a autorización da Dirección Xeral de Costa e Mar, Urbanismo. Así o Concello xa procedeu a enviar toda a documentación á Xunta polo que a validación no Pleno será tan pronto como se formalice o informe autonómico.

Paseo de Alfonso XII co Asilo ó fondo / foto turismo.gal

Un proxecto de 40.000 metros2 para rematar unha zona abandonada dende vai medio século

Así o proxecto permitirá rematar partes inacabadas do tecido urbano que veñen dos anos 60, a través desta modificación do planeamento, nun proxecto que ven da man dun “gran arquitecto”, Alfonso Penelas. Nel resolverase a articulación e conexión do Casco Vello con Torrecedeira, mellorar o acceso ás zonas do Paseo de Alfonso e Pi y Margall, a conexión peonil co Paseo de Alfonso con Santa Marta, Poboadores e Alfonso XII.

Tamén a instalación de dous novos ascensores na zona do Berbés para facilitar a mobilidade vertical, mellorar a mobilidade rodada coa ampliación do viario de conexión entre Paseo de Alfonso XII, Pi y Margall e Torrecedeira, coa apertura desta última rúa que quedou inacabada. Dotarase tamén ó Barrio de case 4.000 m2 zonas verdes, 170 árbores, case 3.000m2 de espazos públicos e equipamentos. Haberá unha escola infantil, usos terciarios, un 30% de vivenda protexida e 1.327 prazas de aparcadoiros

Antigo edificio das Irmás dos Anciáns Desamparados no Barrio do Cura / foto Irmás dos Anciáns Desamparados

O proxecto do Barrio do Cura na súa orixe prevía a construción de 400 vivendas. Delas 265 serían de prezo libre en solo urbano consolidado e outras 99 de venta libre en solo non consolidado, 36 serían de protección oficial. O proxecto ocuparía ó redor de 40.000 metros cadrados, con saída peonil ó Paseo de Alfonso XII, con zonas verdes prazas espazos públicos e equipamentos.

Un proxecto polémico que levou por diante o Asilo das Irmás dos Anciáns Desamparados

Mais o proxecto do Barrio do Cura non ven exento de polémicas. Pois non foron poucas as críticas que veciñanza e oposición verteron sobre o proxecto. O proxecto foi especialmente polémico dende os seus inicios pois para o seu desenrolo foi necesario o derrube de moitos edificios. Algúns eran estruturas relativamente recentes mais outros eran vivendas históricas en mal estado.

Especialmente polémico foi o derrube do asilo das Irmás dos Anciáns Desamparados. Tratábase unha obra neogótica de especial singularidade, que servía de marco e peche ó Paseo de Alfonso XII, e do que xa falamos polo miúdo nunha reportaxe do noso medio. Deste excepcional edificio construído no século XIX tristemente tan só se conservará, dun xeito prácticamente testemuñal, a fachada da súa igrexa.

Pode que che interese...