fbpx

O Museo do Mar pon a punto canóns de galeóns e de fortalezas do s. XVI e XVIII

Tempo de lectura: < 1 min.

Canóns procedentes de diferentes naufraxios nas costas galegas e procedentes dos séculos XVI e XVIII pasarán polas mans do experto en arqueoloxía subacuática Christopher Dostal, quen nas últimas semanas comezou os traballos de restauración. A Armada Española foi quen recuperou estes canóns de bronce que foron custodiados polo Museo do Mar de Galicia. Agora, estas pezas serán restauradas coa tecnoloxía de redución electrolítica.

Eliminar a corrosión que exerceu o mar sobre o bronce é o obxectivo da intervención, liderada polo director do Laboratorio de Investigación e Conservación na Universidade de Texas A&M. Neste proceso estanse a utilizar cubas de aceito, un sistema de desionización de auga e produtos químicos, para así levar a cabo un proceso de especial singularidade.

A metodoloxía que se está a empregar puido ser observada polo alumando de arqueoloxía da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e representantes de empresas galegas de arqueoloxía subacuática, que foron convidados a asistir a algunha das xornadas de traballo. Pola súa banda, o secretario xeral de cultura, Anxo M. Lorenzo, tamén coñeceu o espazo no que se están a restaurar os canóns e o proceso que alí se desenvolve.

Os canóns do Museo do Mar están recibindo un tratamento que foi utilizado en veces anteriores, demostrando a súa afectividade. Un canón de bronce francés do século XVII e canóns de ferro e áncoras dun naufraxio español do s.XVI son algúns dos exemplos do éxito desta metodoloxía levada a cabo polo laboratorio dirixido por Christopher Dostal. Tras poñer en marcha o proceso, o experto seguirá a evolucións dos canóns dende os Estados Unidos.

Pode que che interese...