fbpx
Trazado do Camiño do Conde / Trasnos

Coñece unha nova ruta de 115 quilómetros polo corazón da Costa da Morte

Tempo de lectura: < 1 min.

Se che gusta o sendeirismo, estás de noraboa. O Camiño do Conde é o nome dunha nova ruta que vén de nacer ao longo da Costa da Morte. Trátase dun percorrido histórico e etnográfico que parte do Faro de Fisterra e remata en Malpica, pasando por Cee, Berdoias, Vimianzo, Baio e Corcoesto. Son un total de 115 quilómetros divididos en seis etapas.

Estas vilas, explica a conta de Facebook ‘O Camiño do Conde’ que se encarga da súa difusión, aínda conservan un rico patrimonio e nelas, poucas cousas cambiaron. “Historia en pedra reflectida en dolmens, castelos, valados, patios, castelos, torres, pontes, pazos, casas, eiras, muíños, igrexas, aldeas… e centos de hórreos”, sinala a organización.

Así, o sendeiro procura rescatar a historia dos Condes de Traba e de Altamira que dominaban na Idade Media as terras do Trásmara, como así denominaban á Costa da Morte. “Co paso do tempo, os seus descendentes uníronse ás diferentes familias locais e repartiron a terra dando lugar a unha nova clase social, os fidalgos, que gobernaban pequenos coutos arredor dunha casa forte herdada de xeración en xeración. Para alimentar todo este sistema, coma sempre, os campesiños deron o mellor de si para ter as mellores colleitas”, explícase na páxina de Facebook.

Pode que che interese...