fbpx
Antigo asteleiro de Broña / Outes

Queres visitar os grandes talleres de carpintería de ribeira?

Tempo de lectura: 2 min.

Sabes o importante que foi a carpintería de Ribeira nalgunhas localidades de Galicia.?. Precisamente, para coñecer parte desa historia de Galicia que se está perdendo, este sábado Rutas de Historia organiza un roteiro por Outes para visitar varias das carpinterías de Ribeira. Esta é unha ruta litoral a través da cal coñeceremos a carpintaría de ribeira, proceso tradicional da fabricación de embarcacións de madeira. E nela participará, ademais, o alcalde da localidade, Manuel González, e Antonio Rodríguez, de Tremuzo, historia e Patrimonio. Podes apuntarte aínda aquí.

Saíndo de Freixo, a ruta irá pola praia de Siavo e a praia de Broña. Observaranse numerosas ramplas de pescadores e varios talleres artesanais de carpintaría de ribeira, fundamentais no desenvolvemento económico do concello a principios do século XX, chegando a contar con 36 talleres.

Visitaranse dous estaleiros que aínda se conservan en bo estado para apreciar o traballo que se realizaba neles. Un deles é agora un museo da Carpintería de Ribeira. Durante o roteiro tamén se verán os restos dos estaleiros onde se construíron barcos como o Joaquín Vieta.

Vista da ría de Muros-Noia desde o Castelo, en Outes / remitida

Coñecendo a historia cos alcaldes de Galicia

Coñecer, amar, valorar e protexer a historia de Galicia. Ese é o principal obxectivo de www.rutasdehistoria.gal, un proxecto patrimonial impulsado polo portal web www.historiadegalicia.gal ao que esta primavera se suman catro rexedores das catro provincias galegas cun único fin: poñer en valor o seu patrimonio local.

Coñecendo a historia cos alcaldes de Galicia’, así se chama este novo proxecto impulsado por Rutas de Historia que quere converter en guías turísticos e históricos por un día aos alcaldes de Tui (Pontevedra), Enrique Cabaleiro (PSdeG); Castro de Rei,(Lugo) Francisco Balado (PPdeG); Outes (A Coruña, Manuel González (Compromiso Outes) e A Mezquita (Ourense), Rafael Pérez (BNG).

O obxectivo é que os propios alcaldes sexan os guías dun grupo de máis de medio cento de persoas pola historia e o patrimonio dos seus concellos e dean a coñecer os “segredos ocultos” e as “anécdotas históricas” que atesouran. Neste sentido, o alcalde de Tui destacou que “cando coñecemos unha cousa, pómola en valor. E cando a pomos en valor, comeza a sensibilidade pola protección”. Foi durante a presentación deste proxecto que tivo lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia en Santiago este venres.

Pode que che interese...