fbpx
Estruturas de madeira para a contrución dun miradoiro en Penedos do Castro

Abren un expediente por construír un miradoiro sobre un castro e nunha inscrición medieval

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Nogueira colocara unhas estruturas de madeira en medio do xacemento de Penedos de Castro. Esta desfeita patrimonial provocou as queixas de numerosas asociacións como Amigos da Terra que este mes de marzo recibiron un escrito do Servizo de Coordinación Cultural da provincia de Ourense no que comunican que o Concello de Nogueira de Ramuín ten aberto expediente  por infracción administrativa.

“A realización de calquera intervención nun ben declarado de  interese cultural ou catalogado ou no seu contorno de protección ou na súa zona de  amortecemento sen a autorización previa da consellaría competente en materia de  patrimonio cultural, cando esta sexa preceptiva, ou contravindo os termos da  autorización concedida, e cando ocasione un dano a este ben”, explica o artigo que o Servizo de Coordinación Cultural co que defenden a apertura do expediente.

Penedos do Castro é un dos grandes miradoiros naturais da Ribeira Sacra grazas ás súas vistas privilexiadas do mosteiro de Santo Estevo e da unión dos val do Sil co río Cabe. Ademais, o seu xacemento arqueolóxico datado do século IV a.C. dalle un valor engadido ao lugar. Polo que dende a asociación Amigos da Terra argumentan que non é necesario facer ningún tipo de intervención oficial.

Estas construcións, que carecían presumiblemente de calquera tipo de de autorización, afectan ao mencionado patrimonio cultural do castro na zona da muralla e nunha inscrición medieval. Ademais, trátase dun espazo protexido e de interese histórico e non se respectan as distancias mínimas de perímetro de protección segundo a lei de protección do patrimonio de Galicia.

Pode que che interese...