fbpx
Detalle do Pazo de Meirás / foto Loischantada CCBy Wikimedia

Así foi 2020: Os Franco devolven Meirás

Tempo de lectura: < 1 min.

Despois de máis de 80 anos no monumento, o pasado 10 de decembro, a Familia Franco devolvía ó Pazo de Meirás. Facíao despois de que unha resolución xudicial do Xulgado de Primeira Instancia da Coruña determinara que o pazo, en plena Guerra Civil, pasara á Xefatura do Estado e non á persoa do ditador.

A familia Franco, a pesares de presentar un recurso á sentenza, que se atopa aínda por resolver, aceptaron a devolución provisional sen resistencia do monumento, que segundo a xuíza que instrúe caso debía facerse antes do día 10 de decembro como finalmente aconteceu. Porén a devolución produciuse no sen polémica, pois a familia do ditador, segundo publicaba o medio La Razón, estaría planeando baleirar a propiedade antes da súa devolución.

 Isto obrigou á xustiza a intervir de novo determinando que todos os bens mobles e elementos accesorios que compoñen o complexo do pazo de Meirás, excepto “obxectos de uso persoal estrito” deberían permanecer no interior do inmoble, establecendo un dispositivo de vixilancia e un inventario dos bens. Neste apareceron máis de 700 obras entre mobles, inmobles, pezas de arte e antigüidades, de diferentes épocas e procedencias, que foran acumuladas no seu interior durante 80 anos.

Así, ás 12:30 da mañá, con algo de retraso, na estancia preferida do pazo de Emilia Pardo Bazán, a biblioteca da Torre da Quimeira, fíxose a entrega por parte do xulgado da Coruña, a Patrimonio Nacional, despois de comprobar que todas as pezas se atopaban no seu lugar. Os Franco, lonxe das cámaras, depositaran o día anterior as chaves nese xulgado. Acabábase así con oito décadas de historia escura nun inmoble que antes fora un gran referente cultural. A polémica trasladouse dende aquela á súa futura xestión.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: